O deseño a partir do miragre da natureza


A natureza como fonte de inspiración impulsou un movemento do deseño que na súa primeira fase desenvolveuse entre 1931 e 1960, e logo desde os anos 90 ao presente. O deseño orgánico é un enfoque holístico e humanizador na arte do deseño. O seu método de traballo consiste no desenvolvemento de solucións integradas, de xeito que a totalidade dun esquema unificáse, xerando un efecto xeral maior que a suma das partes. Nese enfoque orgánico foi crucial a maneira en que os elementos individuais, como obxectos ou mobles, conectaban visualmente e funcionalmente co contexto do seu emprazamento interior e o conxunto do edificio. Tamén é importante como os interiores integranse coa totalidade do esquema e como o propio edificio faino co seu medio, mediante a harmonía das súas proporcións, os materiais e a cor.
A interconexión e o espírito da natureza eran a base da arquitectura orgánica, non adoitaban empregarse formas orgánicas; iso ata que a principios dos anos trinta, Alvar Aalto, un dos maiores defensores do deseño orgánico, liderou un vocabulario humanizador e moderno da forma, onde as curvas suaves e sinuosas opuxéronse ao ríxido formalismo xeométrico do estilo internacional. Aalto é un arquitecto finés  dos máis importantes do século XX. Durante a década de 1920 estivo influído polo gran mestre do funcionalismo: Le Corbusier, e el mesmo foi un pioneiro deste movemento en Finlandia. Pronto logrou o recoñecemento internacional, e desde 1940 ata 1949 foi profesor do Instituto de Tecnoloxía de Massachussets, en Cambridge.
Diego López Rodríguez comenta no seu blog Sentido arquitectónico que "...Alvar Aalto explicaba que quien ve florecer un cerezo observa también que cada flor tiene una posición distinta según el sol y su flor vecina. Cada flor es diferente, pero todas se parecen hasta confundirse. Esa idea de los distintos iguales, o iguales distintos, es una fórmula clásica para la planificación urbana que difícilmente se le puede ocurrir a quien no dedique un instante de su vida a contemplar un cerezo en flor. Todo es susceptible de mirarlo con lupa..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario