Un deseño industrial é o aspecto ornamental ou estético dun artigo. O deseño industrial pode consistir en trazos en tres dimensións, como a forma ou a superficie dun artigo, ou trazos en dúas dimensións, como o debuxo, as liñas ou a cor.
Os deseños industriais aplícanse a todolo que se fabrica, xeralmente a unha ampla variedade de produtos da industria e da artesanía: desde instrumentos técnicos e médicos a reloxos, xoias e outros artigos de luxo; desde electrodomésticos e aparellos eléctricos a vehículos e estruturas arquitectónicas; desde estampados téxtiles a bens recreativos. Os deseños poderán ser bidimensionales ou tridimensionales
.
.
A principal diferenza que existe entre os deseños industriais e os modelos de utilidade é que nos modelos de utilidade protéxese a forma dun obxecto porque determina unha vantaxe técnica do mesmo, mentres que nos deseños industriais protéxese a forma do mesmo pero só pola súa orixinalidade, polo efecto estético que produce e que se aplica só á ornamentación e presentación dos produtos comerciais.
Co voso permiso engadin un link a este blog en www.terrasdomorrazo.com . Paréceme unha iniciativa moi boa, e ademais, morracense! Un saúdo furancheiro!
ResponderEliminarGrazas. Avanti O Morrazo
ResponderEliminar