A ergonomía e o deseño ergonómico

A ergonomía é o campo de coñecementos multidisciplinar que estuda as características, necesidades, capacidades e habilidades dos seres humanos, analizando aqueles aspectos que afectan ao deseño de produtos ou de procesos produtivos. En todas as aplicacións o seu obxectivo é común: adaptar os produtos, tarefas, ferramentas, espazos e contorno xeral á capacidade e necesidades das persoas, de maneira que mellore a eficiencia, seguridade e benestar dos consumidores, usuarios ou traballadores. A palabra ergonomía derívase das palabras gregas \"ergos\", que significa traballo, e \"nomos\", leis; polo que literalmente significa \"leis do traballo\" e podese dicir que é a actividade de carácter multidisciplinar encargada da conduta e as actividades, coa finalidade de adecuar os produtos, sistemas, postos de traballo e contornas, ás características, limitacións e necesidades, buscando optimizar a súa eficacia, seguridade e confort por medio do deseño ergonómico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario