Mostrando entradas con la etiqueta fundamentos de deseño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fundamentos de deseño. Mostrar todas las entradas

Fundamentos de deseño.

Deseño da alumna Luz Rodríguez







Recomiendo explorar el interesante blog sobre diseño Hermeneusis en el que caben destacar además de su contenido las infografías y mapas mentales que ilustran sus entradas.


Mi grano de arena al mundo de los blogs sobre diseño y en concreto sobre sus fundamentos es una recopilación de documentos y algunos ejercicios prácticos realizados por alumnado para la asignatura del bachillerato de artes:


Los formatos DIN A son proporcionales al rectángulo aureo.




Outras entradas relacionadas


Fundamentos de Arte y Diseño


Enlace ó blog "Arte y Diseño" da ilustradora arxentina Jesid Arte y Diseño: Teoria: Fundamentos del diseño: "...El diseño gráfico no significa hacer un dibujo o una imagen o crear una fotografía. Significa mucho más que todos esos elementos..."


Fundamentos tridimensionais do deseño



 

Fundamentos tridimensionais do deseño. Criterios para a análise estética e conceptual por jaime Martínez Iglesias, profesor de artes visuais

A estructura

A estructura maniféstase en case todas as creacións gráfico-plásticas. No deseño impón unha orde visual inherente. Aínda que non a utilicemos conscientemente manifesta a organización das formas. Tipos:
Formal
Semiformal
Informal
Inactiva
Activa
Invisible
Visible
De repetición básica
Variacións de retícula básica
De múltiple repetición
Módulos e subdivisións estructurais
Repetición de posición
Superposición de estruturas de repetición
fonte: Fundamentos del diseño de Wicius Wong, ed. GG



proposta de exercicio

O deseño a partir do miragre da natureza


A natureza como fonte de inspiración impulsou un movemento do deseño que na súa primeira fase desenvolveuse entre 1931 e 1960, e logo desde os anos 90 ao presente. O deseño orgánico é un enfoque holístico e humanizador na arte do deseño. O seu método de traballo consiste no desenvolvemento de solucións integradas, de xeito que a totalidade dun esquema unificáse, xerando un efecto xeral maior que a suma das partes. Nese enfoque orgánico foi crucial a maneira en que os elementos individuais, como obxectos ou mobles, conectaban visualmente e funcionalmente co contexto do seu emprazamento interior e o conxunto do edificio. Tamén é importante como os interiores integranse coa totalidade do esquema e como o propio edificio faino co seu medio, mediante a harmonía das súas proporcións, os materiais e a cor.
A interconexión e o espírito da natureza eran a base da arquitectura orgánica, non adoitaban empregarse formas orgánicas; iso ata que a principios dos anos trinta, Alvar Aalto, un dos maiores defensores do deseño orgánico, liderou un vocabulario humanizador e moderno da forma, onde as curvas suaves e sinuosas opuxéronse ao ríxido formalismo xeométrico do estilo internacional. Aalto é un arquitecto finés  dos máis importantes do século XX. Durante a década de 1920 estivo influído polo gran mestre do funcionalismo: Le Corbusier, e el mesmo foi un pioneiro deste movemento en Finlandia. Pronto logrou o recoñecemento internacional, e desde 1940 ata 1949 foi profesor do Instituto de Tecnoloxía de Massachussets, en Cambridge.
Diego López Rodríguez comenta no seu blog Sentido arquitectónico que "...Alvar Aalto explicaba que quien ve florecer un cerezo observa también que cada flor tiene una posición distinta según el sol y su flor vecina. Cada flor es diferente, pero todas se parecen hasta confundirse. Esa idea de los distintos iguales, o iguales distintos, es una fórmula clásica para la planificación urbana que difícilmente se le puede ocurrir a quien no dedique un instante de su vida a contemplar un cerezo en flor. Todo es susceptible de mirarlo con lupa..."

Xeometría dinámica


Xeometría Dinámica
Xiro, Traslación, Simetrías, Reflexión
Procedementos: Frisos, Módulos e Mosaicos