Mostrando entradas con la etiqueta proposta de exercicio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proposta de exercicio. Mostrar todas las entradas

A tipografía

Animación tipográfica realizada polo deseñador Olivier Beaudoin no 2007 a ritmo do tema "Nostrand" do grupo Ratatat. Obtivo o diploma de ouro Écodesign 2007 de San Petesburgo


Consellos no uso de tipografías
Busca sempre a claridade e a facilidade de lectura. En textos longos para pantalla, onde nunca sabemos como será o monitor do usuario, é moi importante que a lectura sexa o máis confortable posible. Tipos de letra sinxela (Verdana ou Arial son os máis estendidos, Garamond pode ser unha boa alternativa), unha cor acorde co fondo, evitando estridencias e un tamaño de texto axeitado, que non haxa que arrugar o nariz para ler nin tampouco tirar de scroll en cada frase, 10 ou 11 pixels para o corpo de texto e sumando dous para os distintos niveis de título.
Presta atención ao medio. Non é o mesmo ler un texto impreso que nunha web, como dixemos é algo máis fatigoso para a vista ler en pantalla. Unha letra moi recargada cansan moito a vista e úsanse só para títulos, subtítulos, citas ou frases breves. Observa traballos impresos para comprobar como queda unha tipografía sobre papel e elixe a máis axeitada en cada caso.

Unha teoria estendida recomenda usar, nos textos longos, tipos Serif para imprimir e Sans Serif para pantalla, aínda que habendo tantas e variadas fontes probablamente daranse interesantes excepcións.
Non utilices moitos tipos distintos nun mesmo documento. O máximo recomendable serían catro, sempre tendo en conta que a letra en negrita conta como tipo. Se pos unha letra con serif no título adoita funcionar mellor unha sen serif no corpo. Logo para os subtítulos adoítase usar a mesma do corpo de texto con dous puntos máis grande ou un punto e grosa.
Non instales moitas fontes a un tempo. As fontes cárganse en memoria ao iniciar Windows e unha carpeta de fontes con miles de arquivos retarda o ordenador. Tamén se sobrecargan os programas á hora de despregar a lista e esta vólvese inmanexable para o usuario. Mantén só as túas preferidas e as que máis uses, ademais das do sistema.

Inspirache cos profesionais. Fixache como se usan e combinan os tipos e imitao con descaro para os teus traballos. Por exemplo, segundo o blog especializado Smashing Magazine estes son algúns dos tipos de letra preferida polos deseñadores gráficos.
Helvetica, Helvetica Neue
Univers
Lucida Grande, Lucida Bright
FF DIN
Arial, Verdana
Xeorxia
Gotham
Avir
Century Gothic
Para documentos que se van a ver noutro ordenador usa sempre tipografías de sistema. Tal vez vos preguntedes porqué habendo fontes tan boas como a de Batman, a mayoria das webs usan os mesmos tipos de letra; Arial, Verdana, Garamond ou Georgia. Non é que os deseñadores sexan uns eslamiados, o que ocorre é que os programas de texto e navegadores non adoitan levar o tipo de letra embebido, é dicir, o programa detecta que un texto está feito co Batman Forever e busca na súa carpeta de fontes e se non a atopa plántalle unha fonte por defecto . O mesmo ocorre se editas un texto en Word, se pásalo a alguén e ábreo no seu ordenador, por iso é mellor traballar con fontes de sistema.
Evita o abuso de maiúsculas (parece que estás gritanto), subliñados (lixa o aspecto) e o texo xustificado a ambos lados para pantalla (os navegadores non reparten ben o espazo entre palabras e o efecto cadrado non compensa a perda de homexeneidad)
Usa os axustes do procesador de textos. Os procesadores de textos, especialmente Microsoft Word son un mundo aparte, para algúns parece que fai falta un master para aprender a usalos axeitadamente. Porén hai que tratar de sacarlle o máximo partido; definindo o espazo entre lineas e parágrafos, as sangrías do texto, elixir os “topillos” das listas, etc en lugar de usar os retornos de carro e a barra espazadora indiscriminadamente. Se o facemos así aínda que ao principio parece lento logo aforraremos tempo e asegurarémosnos que os nosos documentos serán organizados e con mellor aspecto.
Por último pero non menos importante, se queres que os teus textos teñan un aspecto minimamente profesional e os deseñadores non che collan manía, nunca, nunca uses a Comic Sans. fontes: http://www.educacontic.es/blog/juega-con-la-tipografia





PROPOSTA: deseño dun alfabeto

Deseño de imaxes por transformacións dinámicas









Deseños realizados na unidade didáctica Transformacións Dinámicas

Imaxes deseñadas polo alumnado de fundamentos de deseño do IES María Soliño. A partir dunha fotografía ou porción cun referente orgánico e empregando editores de imaxes como o GIMP os estudantes de bacharelato de artes crearon novos deseños aplicando conceptos de xiro, traslación e simetría. Estes deseños forman tamen parte da exposición ampliando xeometrías, xeometria arte e natureza, impresos en lona cun tamaño de 60 x 200 cm. Descripción audiovisual:



Fractales na natureza

Visualizamos fractales para o desenvolvemento do estudo de simetrías por transformacións dinámicas

diseño tridimensional. Libro de autor y papirofléxia

audiovisual seleccionado para documentar a proposta de traballo "libro de autor"

deseño para a portada dun libro sobre a liberdade

Unidade didáctica para deseño gráfico. A proposta foi ilustrar a portada dun libro empregando ao azar como títulos  famosas citas sobre a liberdade. Pódese ampliar a imaxe facendo doble click sobre ela.




"Máis custa manter o equilibrio da liberdade que soportar o peso da tiranía" Simón Bolivar
Portada de David Broullón 

Deseño de Miguel Angel Hita sobre a cita de Quinto Horacio Flaco


"O home está condenado a ser libre"
Autora da portada: Lorena Gestido



Deseño en proceso de: Andrés Hermelo




"Onde mora a liberdade, alí estará a miña patria"
Portada de Josuha Acuña citando a Benjamin Franklin




"So e digno de liberdade quen sabe conquistala día a día"
Autor Alex Lago

IX concurso internacional de cartelismo da fundación Francisco Mantecón


A Bodega Terras Gauda patrocinou a mostra da sala de exposicións do Porto de Vigo cos mais de 1.600 cartaces dos deseñadores internacionais que participaron no concurso anual da Fundación Francisco Mantecón, achegando novas imaxes á identidade desta empresa vinícola. Varios alumnos da Península do Morrazo de 2º de Bacharelato de Artes do IES María Soliño de Cangas, ademais de concursar, comprobaron in situ a calidade da mostra e alegraronse de poder compartir espazo con profesionais no mundo do deseño concursando e participando na exposición.
 finalistas: http://www.franciscomantecon.com/2010/finalistas.html

Portada e contraportada da libreta de autor de Josuha Acuña


A proposta "libro de autor" documentase coa visualización de cadernos de artístas.

materiais:
libreta de folla branca para debuxar apuntes
técnicas axeitadas (lapis, boli, rotus, lapices acuarelables, plumilla)
collages de ilustracións, barra de pegamento



deseño para caderno de autor de Josuha

con contenidos como:
deseño gañador do concurso organizado por Normalización Linguistica do María Soliño para camisola co gallo das "letras galegas 2011" do mesmo autor

Os elementos gráficos básicos do deseño aplicado á videocreación



No libro Punto e liña sobre o plano de Kandisnsky o artísta da Bauhaus comenzou un estudo sobre os elementos gráficos básicos e fundamentais para o seu emprego na composición das formas no plano, e dicir nun cadro por exemplo ou nun deseño, e en xeral son datos aplicables a todas as creación que utilicen calquera tipo de imaxe. Esta videocreación  amosa unha coordinación audiovisual do colectivo Onionlab, un estudio barcelonés formado polos video-jockeys Eduard Hervás e Aleix Fernández que aplican o Processing. É unha ferramenta de traballo utilizada por artístas e deseñadores como alternativa ao sofware comercial.



Proposta de traballo: 
A partir do estudo da liña, o punto e o plano como elementos compositivos crear un videoclip que represente conceptos como peso e contrapunto

Deseña un cartaz de seguridade vial para Europa

Deseñar un cartel que se dirixa aos mozos condutores europeos e fágalles reflexionar sobre a seguridade viaria ten un primeiro premio de 2000 euros e a viaxe a entrega de premios en Bruselas e dous accesit de 1000 euros.
Buscan deseños intelixentes, atractivos e orixinais: non queren carteis que recorran á vella táctica de “sorpresa e conmoción” nin a tópicos manidos.
Necesitase alentar aos condutores de entre 18 e 25 anos a que teñan coidado na estrada, e para iso queren atraer a súa atención co teu talento creativo.
O único texto que debe aparecer obrigatoriamente no cartel é a liña de peche: “Safer roads in Europe. Yes we care!”